A semana pasada foinos chegando información ao cole de Kandinsky grazas a colaboración das familias. A partir de ahí arrancamos o noso proxecto deste trimestre. Falamos un pouco do autor e estivemos vendo algunhas das súas obras.
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Descubrimos que primeiro pintaba o que vía pero cansouse e empezou a usar as formas para crear. Así que coma na clase temos unha chea de formas nos tamén quixemos probar a combinar as figuras e ver o que pasaba. No vídeo tedes dúas das actividades que fixemos durante a semana pasada xogando coas figuras. Pasámolo moi ben e sairon cuadros moi interesantes.