Archivo de la categoría: CREATIVIDADE

Os últimos días do curso quixemos, no día dos océanos, recordar a importancia do coidado do medioambiente  coas manualidades dos alquimistas. Tiñan que empregar diferentes técnicas e materiais plásticos, principalmente materiais de refugallo ou da contorna. Mirade que chulos quedaron!!!


Como agora as cousas empezan a cambiar un pouco, as familias xa voltan ao traballo e os peques non teñen tanta disposición para facer cousiñas, propóñovos o último reto.

Xa que o pasado luns foi o día dos océanos e xa está moi preto o verán, nesta ocasión temos que facer unha manualidade  relacionada co mar. Podemos facer: peixes, baleas, barcos, sereas, polbos, medusas,… o que a vosa imaxinación queira, iso si, empregaremos materiais de regugallo, como cartóns do papel hixiénico, overas de cartón, pratos de papel, cunchas, pedras… o que teñades pola casa. Mans á obra e coidemos o noso mar!!!

Ahí vos deixo os traballiños dos alquimistas facendo pintura con volumen, con espuma de afeitar e cola ou no microondas. Mirade que obras artísticas!!!


Pero… que grandes son os meus artistas!!! Uns pisapapeis preciosos e orixinais!!! Parabéns alquimistas e familias!!!


Esta semana teremos que facer cadros empregando unha técnica diferente de pintura. Teredes que pintar dun xeito moi diferente porque a textura da pintura é moi diferente, recoméndovos empregar bolsiñas de plástico como e fosen mangas pasteleras para que sexa máis doado debuxar, non colorear.

Imos facer unha pintura máxica que cando seca ten volumen. Podemos facela de dúas formas, unha de secado rápido co microondas e outra de secado lento con cola branca e espuma de afeitar, podedes utilizar a técnica que máis vos guste. Clicade na imaxe e iredes a páxina onde vos contan como se poden facer esas pinturas

11037834-18299652

 

 

 

 


Nesta ocasión o reto vai ser creativo. Aproveitando os vosos pequenos paseos que agora xa podemos dar imos ir recollendo pedras lisas para logo decorar e facer uns bonitos pisapapeis para os nosos escritorios, podemos pintalos con témperas e logo botarlle cola ou laca para que non manchen, tamén podemos pintalas con esmaltes de uñas e así xa non hai que barnizar as pedras. Podedes decoralas como máis vos guste, con motivos primaverais, de animais, de corazóns,…

Ahí vos deixo uns modelos:

Vaia, vaia!!! Pero que creativos son os meus alquimistas! Mirade que cousiñas tan xeitosiñas fixeron envolvendo lás!


Estes días os alquimistas traballan cos números nas súas casas con materiais que teñen por alí, como: cartóns do papel hixiénico, pinzas, botóns,… Relacionan grafías e cantidades, repasan a serie numérica (cada día máis longa), buscan os números agochados na serie numérica, suman,…

Canto traballan estes alquimistas!!! E cantas ideas teñen as súas familias!!! Parabéns a todos e a todas!!!


Ola alquimistas!!! Xa estou aquí de novo cun novo reto semanal. Nesta ocasión imos facer uns divertidos globos antiestrés con fariña, cos que xogaremos as emocións moldeando diferentes cariñas, como: medo, alegría, tristeza, rabia, duda, asco,…

  


Que sorpresa!!! Vaia cousiñas tan bonitas fixeron os meus alquimistas nas súas casas coa axuda das familias! Estade atentos a este vídeo e quedaredes gratamente sorprendidos. Seguide así meus peques!


Ola Alquimistas!!! Xa estou de novo aquí propoñéndovos un novo reto. Nesta ocasión imos facer grafomotricidade con lás de cores que teñades pola casa. Consiste en facer unha silueta nun cartón duro e logo enrollarlle lá, así faredes un divertido colgante para decorar a porta da vosa habitación ou as ventás.

É un reto moi sinxelo pero moi divertido, espero e desexo que volo pasades moi ben realizándoo. Ánimo peques que xa queda menos!!!


Os alquimistas están realizando os retos con nota. Cada día me sorprenden máis, pola entrega e o cariño con que preparan cada actividade que propoño. Sodes xeniais!!!

Neste reto tiñan que preparar grafo-recorridos para facer con cousiñas comúns que temos pola casa, como: pedriñas, macarróns, flores, gráns de café, botóns, xoguetes,.. MADRE MÍA!!!! un sinfín de cousiñas que estes intrépidos alquimistas atoparon rebuscando por ahí. Parabéns!!!


A semana pasada tivemos que realizar o reto das pistas de recortado e estes foron os resultados dos recortados que fixeron os alquimistas nas súas casas.


 

Este novo reto está pensado para facer en familia e pasar un rato moi divertido todos xuntos. Podedes facer abalorios para collares, broches, figuriñas,… soamente tedes que deixar voar a vosa imaxinación. Ahí vos deixo a receita e varios exemplos do que podedes facer.