Archivo de la categoría: EXPRESIÓN ARTÍSTICA

Os últimos días do curso quixemos, no día dos océanos, recordar a importancia do coidado do medioambiente  coas manualidades dos alquimistas. Tiñan que empregar diferentes técnicas e materiais plásticos, principalmente materiais de refugallo ou da contorna. Mirade que chulos quedaron!!!


Ahí vos deixo os traballiños dos alquimistas facendo pintura con volumen, con espuma de afeitar e cola ou no microondas. Mirade que obras artísticas!!!


Pero… que grandes son os meus artistas!!! Uns pisapapeis preciosos e orixinais!!! Parabéns alquimistas e familias!!!


Esta semana teremos que facer cadros empregando unha técnica diferente de pintura. Teredes que pintar dun xeito moi diferente porque a textura da pintura é moi diferente, recoméndovos empregar bolsiñas de plástico como e fosen mangas pasteleras para que sexa máis doado debuxar, non colorear.

Imos facer unha pintura máxica que cando seca ten volumen. Podemos facela de dúas formas, unha de secado rápido co microondas e outra de secado lento con cola branca e espuma de afeitar, podedes utilizar a técnica que máis vos guste. Clicade na imaxe e iredes a páxina onde vos contan como se poden facer esas pinturas

11037834-18299652

 

 

 

 


Durante este curso, varias veces fomos de paseo a bosques encantados. Un par de veces eses bosques tiñan estraños tubos polo chan. Tubos máxicos aos que puidemos facer soar de dous xeitos distintos, aínda que o que soaba sempre era o aire.

Unha vez percutímolos con chanclas…

E outra fixemos pedorretas dentro cos beizos, como se fosen trompetas…


Os nenos e nenas de 5ºA, quixeron facernos viaxar a través dos sons ata un lugar moi especial, Hawaii. Os pequesreboreda soamente tiveron que tumbarse no chan da aula de psicomotricidade, baixar as luces, pechar os ollos e deixarse levar polos sons. Foi unha experiencia fantástica e moi relaxante!


A finais de maio fixemos a premier da nosa curta de animación. Este ano traballamos arreo nesta presentación e pagou a pena porque, unha vez máis, a resposta das familias foi fantástica.
Fixemos 100 entradas e case esgotamos todas e iso, tanto para a profe Rosa, a profe Amparo coma para min foi o verdadeiro premio.
O martes cando rematamos toda a posta en escea e quedamos soas,  estabamos contentísimas por ter a escola chea, polo contentos e orgullosos que estaban os Choquetes e os Apolos e polo ben que saíra todo.
Aquí vos deixamos un resumo de coma o fixemos.


E agora, aproveitade e buscádevos no Photocall.

GRAZAS UNHA VEZ MÁIS POR ACOMPAÑARNOS E FACER GRANDES AS COUSAS PEQUENAS!!!


QMCH_invitacion07(1)

Moitos xa recibistes a invitación na casa, para o resto, un ano máis participamos no concurso «Nos tamén creamos» da Secretaría Xeral de Política Lingüística. E chegou á hora de compartir con todos horas e horas de traballo. Para ir abrindo boca aquí vos deixamos o trailer da película deste ano.

NON FALTEDES!!!


Chegou a primavera e ao noso redor todo comeza a encherse de vida. No noso recuncho da arte quixemos darlle a benvida así que decidimos facer uns cadros usando material de refugallo.

E quedaron moi lucidos!


O espazo exterior está cheo de misterios, temos as estrelas, os planetas, os meteoritos, os asteroides e tamén as nebulosas. A profe Claudia contounos cousas delas, vimos un vídeo e logo creamos as nosas propias nebulosas na aula.


Seguimos a nosa viaxe polo mundo exterior, nesta ocasión facendo por equipos unha maqueta do sistema solar. Para poder facela a profe Claudia ensinounos diversos modelos para inspirarnos e, a partir de aí, cada equipo fixo a súa escolla e comezaron a traballar.


Os Apolos falan moitas veces dos planetas, das estrelas, de viaxar en cohete… Ademais, facía unhas semanas, falando de superheroínas cercanas descubrimos que había unha nena de 13 anos que estaba no programa espacial da NASA porque quería ir a MARTE no 2030.

Por todo isto, a semana pasada a profe Claudia veu cargada de cousas relacionadas co espazo. Pasamos unha semana aprendendo moitísimas cousas: repasamos o nome dos planetas, usamos o programa STELLARIUM para ver as estrelas que se poden ver dende o ceo de Redondela, aprendemos que eran as constelacións…

Aquí tedes algunhas das actividades que levamos a cabo. Nos vindeiros días amosareivos máis.

 


A profe Isa e os alumnos de 5º convidáronnos a unha sesión moi especial na aula de psicomotricidade. Nos vos conto máis.
MOITAS GRAZAS PROFE E RAPACES ED 5º FOI XENIAL!!!


Este venres imos ir de excursión aos bombeiros de Vigo e antes da saída aproveitamos para traballar na aula sobre estes superheroes anónimos que tan importantes son na vida de todos.

Coma os Apolos estaban moi motivados e querían seguir aprendendo tivemos a idea de investigar coas familias e converter esas investigacións nun mural. Así que cada nen@ preparou na casa un mural que trouxo o cole e que logo vimos todos xuntos. Un xeito fantástico de complementar o que xa traballamos na clase.
Quixen poñer a todos os Apolos no vídeo así que son pequenos retazos do que falamos na aula.
UNHA VEZ MÁIS MOITAS GRAZAS POLA PARTICIPACIÓN A TODAS AS FAMILIAS!!!


Os choquetes, estes días estiveron traballando ao redor das tartarugas ninja, xa que a moitos deles lles gustan moito. Así que fixemos uns divertidos bonicreques de tartarugas, quedáronnos moi chulos. Empregamos diferentes técnicas e recursos plásticos, como: os rollos de cartón do papel hixiénico, fieltro, témpera verde, cartulina e purpurinas. Deixámosvos un vídeo resumindo todo o proceso creativo.