Archivo de la categoría: Verán

Antes de rematar o curso os choquetes prepararon con entusiasmo a portada dos seus traballiños do terceiro trimestre, foi un traballo delicado e minucioso e quedoulles ben fermoso. Mirade canto traballaron estes choquetiños!!!


Este curso xa está chegando ao final e con el chegará o verán polo que os choquetes quixeron decorar os teitos da súa clase cunhas grilandas moi coloridas, xeados de cucurucho e polos moi creativos e orixinais. Cada choquete foi deseñando o seu xeado con diferentes elementos de goma-eva, tiras, círculos de tamaños diferentes, cachiños de cores, virutiñas de cores variados,… cada un era diferente e orixinal, porque os choquetes deixaron voar a súa imaxinación e fixeron unas composicións chulísimas. Mirade, mirade, mmmmm apetece meterlle un bocadiño!!!!


O último día do curso festexámolo cunha gran festa de aniversarios. Na clase dos sapiens os cumpreañeiros foron: Zouhir, Carla, Aldara, Ana, Daniel e Raúl.
Nesta ocasión non cociñamos, soamente degustamos as lambetadas preferidas dos peques. ahí vos deixamos uns pequenos recordos deses momentos.