Archivo de la categoría: TRABALLOS

Como agora as cousas empezan a cambiar un pouco, as familias xa voltan ao traballo e os peques non teñen tanta disposición para facer cousiñas, propóñovos o último reto.

Xa que o pasado luns foi o día dos océanos e xa está moi preto o verán, nesta ocasión temos que facer unha manualidade  relacionada co mar. Podemos facer: peixes, baleas, barcos, sereas, polbos, medusas,… o que a vosa imaxinación queira, iso si, empregaremos materiais de regugallo, como cartóns do papel hixiénico, overas de cartón, pratos de papel, cunchas, pedras… o que teñades pola casa. Mans á obra e coidemos o noso mar!!!

Estes días os meus alquimistas están traballando duramente nas súas casiñas, realizando todos os retos que lles propoño. Nesta ocasión tiñan que preparar os marcapáxinas máis orixinais que fagan que as nosas lecturas sexan máis entretidas.


Os choquetes, levaban semanas preparando o se remate final ao tema dos superhéroes dos cócmis e da t.v.  Quixeron realizar un lapbook, que resumía todo o que traballaran ao longo do curso. Tiveron moito traballo, xa que foi una tarefa moi laboriosa. Tiveron querer, escribir, contar, pintar, picar, pegar, recortar,… Ufff cantas cousas!!! Tiñan moitas gañas de rematar para ensinarlle ás súas familias todo o que sabían dos superhéroes, porque seu que elas non sabían tantas cousas coma eles. Ahí vos deixamos un bo resumo dos seus traballiños.


Foi unha actividade fantástica, estabamos moi nerviosos e desexando que chegara o día. Non gañamos o concurso pero iso a nós deunos o mesmo, mereceu a pena todo o traballo realizado e as actividades que preparamos ao redor da nosa peli. Foi marabilloso realizalas cos todos os nosos compis dos pequereboreda e coas nosas familias, todos pasámolo xenial e así o reflexamos no noso divertido «photocall». Parabens peques por un traballo tan ben feito!!!

 

 


Antes de rematar o curso os choquetes prepararon con entusiasmo a portada dos seus traballiños do terceiro trimestre, foi un traballo delicado e minucioso e quedoulles ben fermoso. Mirade canto traballaron estes choquetiños!!!


Nestes días de outono os choquetes andiveron liados decorando a súa clase cunhas grilandas da tempada. Empregaron diferentes técnicas e recursos plásticos para ter un resultado moi fermoso. Imos ensinarvos como pouquiño a pouco foi chegando o outono á clase dos choquetes e que colorida quedou.


Estes meses de inverno fixemos algunhas creacións artísticas moi xélidas. Fixemos uns divertidos pingüíns e unas orixinais bólas de neve. Mirade que resultado máis bonito quedou.


Coa chegada da primavera, os sapiens quixeron facer un ramo de flores moi especiais coidando o medio ambiente, xa que empregaron materiais de refugallo para darlles forma. Nesta ocasión empregamos os cartóns dos óvos, algodóns de cores e paus de madeira. Pintamos os cartóns e os paus, despois pegamos no centro das corolas os algodóns de cores e follas verdes polo talo. Así foi todo o traballo e o resultado final dunha actividade tan primaveral.


Coa chegada da primavera fixemos un cuadro coas nosas mans e outros pequenos elementos para dar forma a unhas fermosas bolboretas. Como quedaron tan chulos quixemos que foran as nosas portadas dos traballiños do 2º trimestre. Mirade que traballo tan laborioso pero tan ben feito…


Os exploradores estiveron traballando arreo para preparar un pequeno conto coas familias. Como a historia desenvolvíase nunha granxa tivemos que preparar máscaras de galos, de porcos, de cabras e ovellas, de coellos, de cabalos e ata….. duns ratiños moi travesos. Para dar forma a estas divertidas máscaras tentamos utilizar diferentes materiales de refugallo, como: platos de usar e tirar, «hueveras», cartóns do papel hixiénico, tapas, algodón, botóns,…

Mirade que bonitas quedaron ao final…


Deixámosvos un resumo dos traballos/fichas que traballaron os peques durante este trimestre ao redor do conto de Carapuchiña Vermella. Contén unha selección de fichas de lecto-escritura, lóxica-matemática, para a atención, para a memoria,…


Na clase dos exploradores, un ano máis, tentamos afianzar e favorecer unha forma de traballar moi especial, traballar de forma cooperativa.

Traballar de forma cooperativa non é o mesmo que traballar colaborativamente. Na primeira forma de traballar establécense na clase uns equipos-base que tentarán traballar xuntos para conseguir entre todos acadar a meta fixada. Cada un dos membros do grupo deberá traballar por conseguir que os eu grupo remate satisfactoriamente a súa tarefa e con bos resultados, por iso todos deben tratar de realizar axeitadamente o encargo que lle fixo o grupo. Todos estarán atentos para que todos os membros traballen polo ben do grupo.

Con gallo da celebración do día da Paz, elaboramos unhas cortinas cunha mensaxe en pictogramas. Foi moi revelador o xeito de formar os equipos, fixádevos ben, á hora de traballar non elixen aos membros do seu equipo por afinidades ou amistades, neste caso elixen pensando en que compañeiros lle poden axudar a alcanzar as metas propostas. Logo a formar de traballar, aínda que son moi pequechos e o de traballar en equipos para eles é bastante complicado, nestes primeiros intentos a cousa pouco a pouco vai desenrolándose bastante ben.

Para ensinarvos mellor todo o proceso da tarefa, fixemos varios vídeos. No primeiro, vese a elección dos equipos, no segundo o desenvolvemento da actividade e no terceiro a avaliación da actividade.


Co gallo do día da paz, esta semana estivemos preparando un chea de cousiñas ao redor da paz. Entre todos os peques de Reboreda construimos un mosaico de cores, con pequenos e osixinais cadros cheos de cor e luz.

Primeiro tivemos que dividir o recadro con lineas variadas, dúas verticais e dúas horizontais. Despois de dividilo demos cor a cada pedaciño resultante, por moi pequeno que fose. O resultado final foi… fantástico!!! E descubrimos grandes artistas entre estes peques.


Agora que xa queda pouco para as vacacións e, no caso dos Vincis, para pechar unha etapa, aquí vos deixo as súas reflexións sobre o que máis e menos lles gustou destes últimos tres anos xuntos.