Archivo de la categoría: SUXERENCIAS VACACIÓNS
Nesta ocasión imos buscar e colocar as sílabas axeitadas para compoñer os nomes destas imaxes. Clica na imaxe e irás á páxina e xa poderás xogar
Coloca as sílabas para compoñer palabras, una ficha interactiva de alquimistas
https://www.liveworksheets.com/embed/embed.js
Estes días de entroido igual tedes oportunidade de facer unha escapada en familia. Se podedes e vos apetece tedes un bo plan na Coruña, no MUNCYT. Aquí vos deixo a proposta.
Aprovechando unas fechas y una celebración tan arraigada con es la del Carnaval, ¿por qué no convocar a todo aquel que se anime a personarse en el MUNCYT luciendo sus mejores galas, en este caso entendidas como disfraces de elaboración propia inspirados en la ciencia y la tecnología? Todos aquellos que desde el sábado 1 hasta el domingo 9 de marzo se personen –y quieran- podrán llevarse de recuerdo una fotografía en compañía de Pepe Xán y Marilú, los robots del Museo. Y ese no es el único obsequio que se podrán llevar… Y si todavía no te ha llegado la inspiración, toma nota de estas sugerencias: puedes venir disfrazado de científico histórico (Si es de Arquímedes no te olvides la bañera); de aparato, máquina o herramienta (cafetera, probeta, termómetro ..): o de «concepto»: átomo, ión, neurona, planeta, …
M.B.
Se clicades na imaxe podedes ir ao enlace completo:
disfraces_muncyt_350X350
Hoxe queremos deixarvos o programa das actividades da feira franca de Pontevedra, que será o 31 de agosto e o 1 de setembro. Pasade por ela porque despois da feira temos moitas actividades e moi variadas día e noite, diremos que……. hai festa rachada!!!
Aquí vos deixamos unha web galega con moitos recursos para os tempos de lecer das familias, como por exemplo: excursións pola terra galega, visitas ao museos galegos, cine, festivais,… Está moi chula e clara para que tod@s podades navegar por ela sen medo e aproveitando todos os seus recursos.
Durante o verán temos moitas festas nas que pasalo ben en familia. Aínda que estas, ademais dos chiringos, non ofrecen outras alternativas para pasar a tarde, así que acabamos con conflictos porque os nen@s querían subir máis veces nisto ou naquilo. ´
Aquí vos deixamos algunhas festas que teñen programación infantil.
FESTAS DA PEREGRINA, PONTEVEDRA: déixovos un enlace ao programa. Empezan o sábado 7, pero, dende o luns 9, polas tardes tedes teatro infantil, títeres… Un xeito divertido e ameno para pasar a tarde.
FESTA DA AUGA, VILAGARCÍA: o 16 de agosto podedes achegarvos a Vilagarcía  e quedar pasados por auga na súa singular festa. Asistentes na rúa e dende os balcóns os veciños mollan e remollan aos que queren auga. Mellor se fai bo día e levade roupa de resposto.
MERCADO MEDIEVAL DE ÓBIDOS: dende o 19 de xullo ata o 12 de agosto tedes este mercado medieval en Óbidos, Portugal. Os nen@s entran de balde e os adultos pagan 6 euros. Tedes mercado de artesanía e actuacións a diario. Pódese ir disfrazado de época. Podedes aproveitar e facer unha visita a algunha cidade de Portuga aproveitando a excursión.
ENTROIDO DE VERÁN, REDONDELA: e, por suposto, non debemos esquecer o entroido de verán da nosa vila. A quen non lle gusta disfrazarse, saír a rúa e pasalo ben cos amigos? Este ano serán o día 20 de agosto.
TROULA, TROULA E TROULA.
Levamos un bo recorrido de propostas: camiñadas, pequenas excursións en familia, auga… Hoxe imos buscar un pouco máis de acción.
PARQUE MULTIAVENTURA EN MARÍN: en Marín tedes este parque onde podedes facer tirolina, estribos, saltos de corda… Hai diferentes circuitos con diferentes dificultades. É unha boa opción para disfrutar en familia, iso si, os prezos son un pouco caros, é para un día especial: 10,20 os nen@s e 17,50 os adultos, este prezo inclúe o curso de iniciación e o uso do circuito 3 horas.
CAMPING DE RIANXO: aquí tedes todo un  circuito de aventuras e xogos preparado para os peques. Non fai falla estar acampado no camping para pasar un día no circuito. Este ten un prezo máis razonable 10 euros pero pódese disfrutar de actividades libres, ademáis das que se fan con monitor.
O bo do verán e poder ir a praia ou o río e refrescarse cando fai calor. Aquí vos deixamos algunhas suxerencias onde disfrutar coa auga de xeito diferente.
«PARQUE DA AGUA» EN VILANOVA DE CERVEIRA: esta vila portuguesa, famosa pola feira dos sábados, tedes un museo da auga na parte baixa, ao lado do río, e un parque da auga onde mentres dades un paseo podedes mollarvos cos caldeiros que soltan auga, andar por beirarrúas cheas de auga, meterse debaixo dos chafarises…
ACUAPARK DE CERCEDA: se vos apetece disfrutar dun parque acuático tedes un moi bo en Cerceda, na Coruña. A entrada custa a fin de seman 6 euros para os nen@s maiores de 4 anos e 8 para os adultos, pola semana un euro menos. Abre ás 12 da mañá e pecha ás 8 da tarde. Tedes herba, podedes levar a comida e a entrada davos acceso a todas as atraccións. Un lugar maravilloso para xogar, rir e aprender pasados por auga.
ACUARIOS: ademáis da Casa dos Peixes, na Coruña, que igual vos queda un pouco lonxe, tedes o acuario do Grove que foi rehabilitado e pode ser unha boa opción para ir cos peques, os prezos igual son un pouco elevados 10 euros os nen@s e 12 os adultos. Abre de 10.30 a 21.30. No porto tamén podedes coller un barco con aquavision e ver os peixes no mar.
Se queredes un acuario con máis variedade, poidades ir ao acuario de Sea Life de Oporto. Pola semana abre de 10 a 18 horas e as fins de semana está aberto ata as 20 horas. Os prezos varían se o facedes en taquilla ou na rede. En taquilla os adultos pagan 13 euros e os nen@s 9, na rede, os adultos pagan 10 e os nen@s 6, é un aforro considerable.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN AS IDEAS. SEGUIREMOS INFORMANDO.
Coma xa comentamos a semana pasada imos ir deixando algunhas suxerencias veraniegas para familias. Hoxe queremos convidarvos a aproveitar as vacacións para facer uns poucos máis de kilómetros ou durmir fóra cambiando a rutina diaria.
AS TERMAS DE MONÇAO. Ao lado da fronteira, entrando por Salvaterra, tedes a vila de Monçao co seu balneario. Este, ademáis de augas caldas para o baño, conta cunha piscina de chorros para os peques onde poden pasalo de medo. Podedes aproveitar e pasear a beira do río, facer un picnic nas mesas que hai alí, ou xogar nos columpios. Do outro lado podedes coller a ecopista da que falamos o outro día, pasear por Salvaterra ou bañarvos no Miño.
MARCELLE: en Lugo tedes este singular  parque zoolóxico con animais en liberdade no bosque, chiringuitos para comer, campamentos de verán para os nen@s… Abre de 10 da mañá ata o anoitecer e custa 9 euros os adultos, 6 os nen@s e os menores de 3 entran gratis. Podedes aproveitar e facer unha escapada, durmir fóra e pasalo ben vendo animais.
AS FRAGAS DO EUME: se queredes ir un pouco máis lonxe, vos aconsellamos esta ruta de 12 km por un bosque encantado de fadas e trasnos. Fai uns meses houbo un incendio enorme na zona pero o bosque da ruta salvouse. Iredes ao lado río, ata o Mosteiro de Caveiro por unha ruta preciosa para compartir en familia.
PASÁDEO BEN E SEGUIDE ATENTOS AS NOSAS SUXERENCIAS.
Todos os anos, por estas datas, vos deixamos algunhas suxerencias de actividades que poidades facer cos peques durante o verán. Este ano queremos darvos propostas novas, que sexan económicas e que poidades disfrutar en familia. Tedes, coma sempre, as actividades dos museos (MARCO, MUSEO DO MAR, CASA DAS PALABRAS…), campamentos de verán… Pero, aquí vos imos deixar algunhas alternativas para este tempo:
EXPOSICIÓN DE DINOSAURIOS EN NIGRÁN, ata o 23 de setembro tedes 23 especies en 50 réplicas. Os nen@s pagan 5 euros e os adultos 7. Abre todos os días en horario contínuo.
RUTAS POLO ENTORNO: se queredes facer actividades ao aire libre e con custe cero, vos aconsellamos a ECOPISTA que vai de Monçao a Valença. Esta é unha antiga vía de tren preparada para recorrer camiñando ou en bici. Son 13 km sen coches, con baixadas ao río Miño para darse un baño, parques onde poden xogar os peques e algunha vila singular. Despois do recorrido, podedes ir ao parque de Salvaterra cheo de columpios para os nen@s, páxaros, pista para bicis…
UN POUCO DE HISTORIA: se queredes facer unha actividade orixinal e aprendendo cousas dos nosos antepasados podedes visitar o CENTRO DE INTERPRETACIÓN RUPESTRE DE CAMPOLAMEIRO en Pontevedra. Podedes facer a visita polo día, os adultos por 6 euros e os nen@s por 3,5. Ou podedes ir cear por 30 euros e facer unha visita á luz da lúa. Alí tedes un centro de interpretación de arte rupestre e logo tedes un itinerario para recorrer o parque e ver os restos prehistóricos.
A medida que vai pasando o verán iremos facendo novas propostas. Esperamos que vos gusten e fagades fotos para poder compartir entre todos cando comece o curso.
BO VERÁN E FELICES AVENTURAS!!!