Archivo de la categoría: LECTOESCRITURA
Nesta ocasión imos buscar e colocar as sílabas axeitadas para compoñer os nomes destas imaxes. Clica na imaxe e irás á páxina e xa poderás xogar
Coloca as sílabas para compoñer palabras, una ficha interactiva de alquimistas
https://www.liveworksheets.com/embed/embed.js
Os Apolos están traballando con moito timo para poder abrir o restaurante mañán. De momento xa ultimaron detalles moi importantes coma o menú, mandaron as invitacións as familias, escolleron o vestiario, a composición das mesas… En fin, un non parar.
Estamos emocionados, nerviosos e desexando que chegue o día.
A VER QUE TAL SAE!!!
Nesta ocasión fixemos un novo notebook, para traballar na nosa pseudo-PDI. Traballamos contidos relacionados cos deportes, coa lectoescritura, coa lóxico-matemática,… é unha divertida forma de aprender todos xuntos sen darnos conta de que estamos traballando. Imos amosarvos uns pequenos retazos deses momentos de traballo.
Aínda que na nosa clase a pantalla non é una PDI, nós xogamos con ela como se fose. Preparamos diferentes actividades de lecto-escritura e de lóxico-matemática para traballar todos xuntos. Tivemos que formar puzles, facer series, contar, relacionar cantidades con números,… relacionadas co conto que estamos a traballar neste trimestre «Unha eiruga moi larpeira». Agora imos deixarvos unha pequena mostra de todo o que facemos na nosa pantalla. Encántanos xogar nela todos xuntos!!!
Os Sapiens cada día están máis inmersos no mundo da lectoescritura e para axudarlles un pouquiño máis, ideamos un divertido libro de palabras, no que ler pode ser unha actividade moi entretida.
Nesta ocasión fixemos un libro-xoguete no que aparecen as palabras fragmentadas en sílabas e nós temos que ir compoñendo ata atopar a palabra correcta. Pouco a pouco irémolo complicando para que esté adaptado a todos os niveis madurativos dos peques. Comezamos por palabras moi sinxelas e con sílabas facilmente recoñecibles e en maiúsculas, logo aparecerán as sílabas inversas e trabadas para chegar a traballar-xogar coas minúsculas.
Ademáis irá viaxando pouco a pouco polas casas dos sapiens, porque na casa tamén podemos gozar de pequenos momentos de lectura.
Mirade que ben o pasamos con este novo recurso!
Os sapiens aparte de traballar a Miró tamén están inmersos nun millón de cousas. A semana pasada cando chegaron tiñan un novo xogo, chamado: «A fábrica das palabras», é un novo recurso para introducilos no mundo da lectura e da escritura dun xeito lúdico e divertido. Imos deixarvos un pequeno resumo dos mellores xogos na fábrica. Agora todos queren ir ao recuncho dos contos porque escribir deste xeito é moito máis doado.
Este curso cando os sapiens chegaron á nova aula déronse conta que agora todos os carteis e etiquetas da aula estaban en maiúsculas pero xa non tiñan o apoio visual de fotografía ou imaxes. Para empezar recordamos e xogamos cos nomes dos sapiens, tentando recoñecelos e atopar de quen e cada un deles. Nesta ocasión quixemos traballalos dun xeito máis orixinal e máis motivador. Fixemos un tendal moi divertido no que tivemos que ir clasificando e identificando cada un deles para poder colgalos ordeadamente nun tendal-abecedario. Queredes xogar con nós? Pois… mirade que ben o pasamos e cantas cousas aprendemos!!!
Esta semana xa comezaron as sesións de lectura silenciosa do noso cole e os sapiens, como bos veteranos, fixérono xenial!!!
Pasaron uns meses de vacacións e as primeiras semanas de adaptación e, entrado xa o mes de outubro, a vida da escola xa está a pleno rendemento. Unha das actividades que máis lles gustan aos sapiens é…. «a lectura silenciosa», e a pesar de tantos meses desconectados volveron a facela moi ben. Todos e todas caladiñ@s, observando con atención cada detalle do seu libro e compartindo aquelas lecturas interesantes cos seus mellores amigos. Queredes ver que ben fan esta actividade e que ben saben seguir as normas? Pois atentos, atentos que este vídeo vai comezar….
O plan de lectura silenciosa consiste en ler durante 20 minutos en silencio. Algúns pensarán que os nen@s de infantil non len, pero están moi pero que moi equivocados.
NORABOA AS COCORICOS POLOS CENTOS DE LECTURAS SILENCIOSAS COMPARTIDOS E POR TODOS OS QUE VIRÁN.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Another slideshow by Smilebox
Aínda que non temos PDI, os pequenos sapiens tamén xogan na clase coa súa, aínda que é moi particular. Estes días andan liados xogando coas súas fotos e cos seus nomes, polo que a profe preparou unha serie de actividades moi divertidas e xogamos entre todos ao mesmo tempo que aprendiamos os nosos dos nosos compañeir@s. Pero que maiores xa son!!!
Deixámosvos un resumo dos traballos/fichas que traballaron os peques durante este trimestre ao redor do conto de Carapuchiña Vermella. Contén unha selección de fichas de lecto-escritura, lóxica-matemática, para a atención, para a memoria,…
Tardamos pero xa estamos dando os primeiros pasiños na nosa tenda. Levamos varios días falando de como tiñamos que facela, de como íamos mercar, con que, como íamos colocar os alimentos no super,…
Nesta ocasión ímosvos a amosar todas aquelas explicacións que deron os meus grandes «exploradores» sobre como tiñamos que mercar e con que. Aínda non comezamos coa tenda e xa me deixaron coa boca aberta. E que xa son tan maiores!!!
Eiquí vos deixamos o noso particular power-point do conto de Carapuchiña para que papi ou mami poidan lelo con nós antes de ir durmmir. Papi e mami poden ler a letra en minúscula e nós podemos completar as frases interpretando os debuxos. Esperamos que vos guste!!!
Durante o primeiro trimestre estivemos traballando ao redor dos contos tradiconais galegos. Nós estivemos descubrindo ás personaxes máis famosas destes contos, os trasnos.
E despois de varias semanas traballando con estas personaxes elaboramos «O libro dos trasnos». Así de bonito quedou!!!
Neste segundo trimestre os peques de Reboreda traballarán cos contos tradicionais, que van pasando de xeneración en xeneración. E que mellor forma de traballar a lecto-escritura e a lóxica-matemática dende os propios contos. Por todo iso deseñamos unha serie de actividades para traballar da nosa gran PDI.
Xogando, xogando descubrimos que na PDI aprendemos dun xeito tan lúdico que case non nos damos conta de todas as cousas que estamos aprendendo, como por exemplo: formamos palabras, contamos, construimos a serie numérica do 1 ao…, lemos en maiúsculas e minúsculas, facemos laberintos, unimos imaxes coas súas palabras,…
Se estades interesados en descubrir esta nova forma de xogar e aprender ao mesmo tempo, observade con atención estes vídeos nos que podedes descubrir canto medraron estes intrépidos exploradores. Como foi tan difícil reducir os vídeos (porque o fixeron taaaaaaaaan ben) que tivemos que montar a sesión por partes.