Archivo de la categoría: OCIO

Soamente tedes que clicar na imaxe e xa vos leva a páxina onde están as fichas. Podedes unir con frechas, mover elementos ou colocar os números. Veredes todas as fichas e se na primeira dádelles a previsualizar podedes traballar unha tras outra  soamente con premer na frecha. Cando rematedes dádelle a terminado e logo podedes comprobar o resultado final de como o fixestedes.

ficha-2

 


O día 27 e 28 teremos en Vigo un camión moi especial. Trátase de MUMO un museo de arte contemporáneo itinerante. As exposicións están pensadas para nen@s a partir de 6 anos pero coma estamos a traballar a arte, os que teñades oportunidade,podedes ir a botarlle un ollo, dende logo a proposta parece moi orixinal.

mumo

Hai que pedir cita no Marco cubrindo estes dous formularios:

INSCRIPCIÓN:

https://drive.google.com/info@marcovigo.com/d/0B84xAuK0iBMYaGotV0luUk9Ba2c/view

AUTORIZACION IMAXE PARA A PRENSA

https://drive.google.com/file/d/0B84xAuK0iBMYTEtQcnk4MnRsWWM/view


Esta sábado, aquí ao lado do cole non vos perdades ao Señor Gravata Torta ás 12.

carambola


O sábado pasado viaxamos a Culleredo para celebrar, xunto con moitas das escolas de Voz-Natura, a nosa festa fin de curso. Imos deixarvos algunhas imaxes do que ben o pasaron os 4 sapiens que acompañáronnos nesta divertida aventura.


Contacontos, este sábado, ás 12 horas na Libraría A Carambola de Reboreda. «Imos cazar un oso» ou «Un becho estraño» serán algún dos contos que se contarán nunha sesión moi especial.

Carambola maio


Estes días de entroido igual tedes oportunidade de facer unha escapada en familia. Se podedes e vos apetece tedes un bo plan na Coruña, no MUNCYT. Aquí vos deixo a proposta.

Aprovechando unas fechas y una celebración tan arraigada con es la del Carnaval, ¿por qué no convocar a todo aquel que se anime a personarse en el MUNCYT luciendo sus mejores galas, en este caso entendidas como disfraces de elaboración propia inspirados en la ciencia y la tecnología? Todos aquellos que desde el sábado 1 hasta el domingo 9 de marzo se personen –y quieran- podrán llevarse de recuerdo una fotografía en compañía de Pepe Xán y Marilú, los robots del Museo. Y ese no es el único obsequio que se podrán llevar… Y si todavía no te ha llegado la inspiración, toma nota de estas sugerencias: puedes venir disfrazado de científico histórico (Si es de Arquímedes no te olvides la bañera); de aparato, máquina o herramienta (cafetera, probeta, termómetro ..): o de «concepto»: átomo, ión, neurona, planeta, …

M.B.

Se clicades na imaxe podedes ir ao enlace completo:

disfraces_muncyt_350X350


Este sábado as 12 o Señor Gravata Torta contara Cocorico e o Polo Pepe na librería Carambola. Se podedes achegadevos a disfrutar dunha sesión de conta contos.
image


image


Aquí vos deixamos varias propostas para facer cos nen@s estes días do Nadal:

NADAL CULTURAL EN REDONDELA

Tedes o programa no título. Pero ademáis tamén podedes:

futbolchapelacabalgata

 
LECER NO NADAL EN PONTEVEDRA
Do 20 de decembro ao 4 de xaneiro no recinto ferial de Pontevedra  de 16.30 a 21, agás o 24 e o 31 que pecha ás 19 horas. O día 25 e o 1 de xaneiro estará pechado. Por un euro tedes hinchables, xogos, talleres… para disfrutar cos peques. Ademáis, podedes aproveitar e ir a pista de xeo, entre 2 e 5 euros máis. Se clicades no título podedes ver ademáis a programación do nadal en Pontevedra.

DAYS OF DINOSAUR

No Ifevi de Vigo tedes esta impresionante exposición. Durante o nadal abrirá todas as tardes de 16.30 a 21 horas. Os nen@s poden ver os dinosaurios e xogar con diferentes propostas. A entrada custa 9 euros para os adultos e 6 para os nenos. No título podedes acceder a páxina da exposición. Esta en inglés pero davos una idea do que ides ver.

CIRCO DO NADAL

Na avenida de Castelao en Vigo tedes este orixinal circo onde podedes disfrutar nenos e maiores.

Isto é un anticipo:

Aquí vos deixo máis información:

nadal

VIGOLANDIA:
Un ano máis, dende o 26 e ata o 31 de decembro tedes no IFEVI de Vigo un parque de ocio para os peques con hinchables, talleres plásticos, videoxogos… Dende ás 12 ata ás 20 horas, agás o 26 que comeza as 16h. Ademáis, podedes aproveitar para levar xoguetes e alimentos non perecederos porque haberá un punto de recollida. A entrada custa 3 euros.

 

 


Este luns 23 as 18.00 horas no Multiusos o Piñeiral de Chapela tedes a película O bosque animado de balde.

image


Achégase o Nadal a Saxamonde… (e a outros sitios tamén!). Estamos a preparar as actividades para as festas. Comezamos o domingo 22 ás 18:00 horas coa visita, un ano máis, do Apalpador!! No seu saco traerá cousiñas para os cativos e cativas presentes!!!

APALPADOR


Antes da chegada do Nadal un amigo de Redondela, o mago Eloy, quixo agasallarnos cun sinxelo espectáculo de maxia, no que todos os peques pasárono xenial e ata quedaron coa boca aberta. Ahí deixámosvos unha pequena mostra da súa arte.


Ocio Redondela Pontevedra
Venres, 13 de Decembro de 2013 – 18:30 horas.
Obradoiro de cociña
Maimiña organiza o venres 13 de decembro ás 18:30h na Casa da Cultura un obradoiro de cociña para pais e nais e nenos. Poderán participar rapaces de idades comprendidas entre os 2 e os 6 anos acompañados dun adulto. Inscrición no número 650881625.

FONTE: Radio Redondela.

image


image


Os Cocoricos estivemos falando dos nosos antepasados redondelans, de onde vivian, da sua arte… Esta fin de semana podemos afondar mais con esta proposta dunha visita guiada por Monte Penide, saindo as dez da Mamoa do Rei. Se podedes e o tempo deixa tedes unha boa opción de ocio para o sábado.

image