Archivo de la categoría: COÑECEMENTO DO MEDIO

Os últimos días do curso quixemos, no día dos océanos, recordar a importancia do coidado do medioambiente  coas manualidades dos alquimistas. Tiñan que empregar diferentes técnicas e materiais plásticos, principalmente materiais de refugallo ou da contorna. Mirade que chulos quedaron!!!


Xa estamos mergullados completamente no noso novo proxecto educativo, «Os deportes». Os alquimistas despois dun gran debate deportivo, no que apareceron moitos dos deportes máis coñecidos e outros máis minoritarios, puxéronse máns á obra e fixeron uns preciosos banderíns deportivos para decorar o teito da súa aula. Empregaron diferentes técnicas plásticas e diferentes materiais para dar forma aos obxectos que se empregan en cada un deles, como: patíns, remos, pelotas, balóns, raquetas, bolos,…

Mirade canto traballaron!!!


Antes de rematar un curso moi científico, Xana e Lorena (a súa mami) quixeron despedir o curso realizando xunto cos alquimistas varios divertidos experimentos. Primeiro contáronnos o conto de Elmer e despois fixemos experimentos cromáticos como as cores de Elmer. Pasámolo xenial pero o máis espectacular foi o remate final.


Antes de rematar o primeiro trimestre tivemos a nosa exposición plública do traballado no proxecto ata ese momento. Os máis peques do cole estiveron investigando porque se chamaban «ALQUIMISTAS» e descubriron moitas cousas interesantes acerca destes primeiros científicos.

Como aínda somos moi pequenos custábanos moito falar diante dun público tan grande polo que fixemos un vídeo na tranquilidade da nosa clase que logo compartimos con todo o alumnado do cole o día das exposicións. Hoxe imos compartilo con todos vós e esperamos que vos guste.


As curuxas e a profe Aida xa comezaron a facer experimentos. Estiveron facendo misturas con auga, xabrón e azucre e… conseguiron facer pompas xigantes. Pompas con diferentes utensilios, como por exemplo: pompeiros, alambres, botellas de plástico, paus de madeira e lá. Estiveron experimentando na súa aula e despois a profe Aida pasouse pola clase dos alquimistas para amosarnos os seus descubrementos. Estivemos moi atentos e pasámolo moi ben porque xogar coas pompas é super-divertido. Graciñas profe Aida!!!


Recibimos novo e-mail, nesta ocasión era para Daniela. Nel puidemos ver aqueles recunchos a onde viaxa a nosa choquetiña, nos seus momentos de lecer coa súa familia.

Viaxaron ata a Idade Media, polos castelos de Portugal, fixeron sendeirismo polas rutas das salinas de Ulló, ata déronse un baño nas termas de Outariz en Ourense. Mmmmmm cantas cousas descubrimos coas fotos de Daniela e que ben as explicou.

Parabéns Daniela!!!

Graciñas por compartir con todos nós as túas pequenas aventuras!


Os choquetes presentaron, ante un público moi interesado, o seu traballo dos mouchos. Cunha sinxela presentación foron explicando, as características dos estrigiformes, as diferenzas entre mouchos e curuxas, as comidas favoritas, onde viven, tipos de especies diferentes,… E para rematar cantamos a canción: «O moucho» de grupo Migallas do álbum «Pan de millo».


A profe Isa non para e xa está mergullada buscando os diferentes e orixinais sons dos animais. Nesta ocasión coa axuda dos nenos e nenas de 5º agasallounos cun «baño sonoro» cheo de sons coñecidos ou descoñecidos que podemos apreciar polos nosos bosques unha tarde de outono. Foi toda unha experiencia sensorial tanto para grandes como para pequenos!


Este curso, imos estar moi atarefados cun montón de actividades relacionadas co proxecto anual, «O reino animal». Como primeira actividade, cada clase tivo que escoller unha mascota e facer un estudio sobre ela, e tamén tivemos que decorar a porta da clase con ela.

Para decorar a porta fixemos uns mouchiños moi simpáticos que vixiarán día e noite a clase dos choquetes. Empregamos diferentes técnicas e materiais plásticos para darlle unha forma orixinal a nosa porta. Ahí vos deixamos todo o noso proceso creativo.


Os choquetes deron comezo a súa andaina buscando os superoderes das súas familias. Nesta ocasión Óscar quixo amosarnos os superpoderes dos «Super Gonmon» e trouxo ao seu papi, Cesareo, e o seu amigo, Queima, para amosarnos o seu poder da velocidade, xa que son piloto e copiloto de rallies.

Foi tan impresionante a súa visita que quedamos coa boca aberta e aprendemos moitisimas cousas. Como tiñan que contar tantas cousas non puidemos abreviar o vídeo polo que vos deixamos dous, non vos vades aburrir porque non teñen desperdicio. Fixádevos ben porque os papis gozaron coma nenos.

 


Este ano subimos ata San Martiño para celebrar o noso día da árbore. Alí plantamos con sachos e coas propias mans a nosa pequena árbore, logo merendamos para repoñer forzas e finalmente xogamos, exploramos, buscamos bichiños e ata recollemos o lixo que atopamos polo monte. Un gran día!!!


Un ano máis pasamos unha xornada de interacción co medio, nesta ocasión na Miñoteira, en Ventosela. Aproveitamos para plantar, xogar cos maiores, merendar no entorno natural e, o mellor de todo, explorar, investigar e pasalo ben.


Os choquetes, unha xornada máis, achegáronse á horta para comezar cos cultivos da tempada. Nesta ocasión prepararon a terra e plantaron chícharos, logo retiraron malas herbas e finalmente entre todos regaron coa mangueira. Mirade que bo equipo de agricultores temos aquí!!!


Durante a semana das froitas, nas merendas fomos degustando diferentes froitas: mazá, plátano, amorodos, melón e mandarina. O venres, como día final desta semana tan saudable fixemos una macedonia coas froitas que nos sobraron estes días. Así que os choquetes, lavaron as mans, remangáronse e puxéronse máns ás froitas. Mirade que coordinados traballaron e que ben o fixeron. Son un gran equipo!!!