Archivo de la categoría: corentena

Os últimos días do curso quixemos, no día dos océanos, recordar a importancia do coidado do medioambiente  coas manualidades dos alquimistas. Tiñan que empregar diferentes técnicas e materiais plásticos, principalmente materiais de refugallo ou da contorna. Mirade que chulos quedaron!!!


Clicade na imaxe e xogade coas tarxetas colocándoas cronoloxicamente


Grazas a o papi de Antón, descubrín unha nova forma de crear fichas interactivas, hoxe déixovos a primeira proba. Clicades na imaxe e xa ides a páxina onde está a ficha despois xa podedes resolver o puzzle e ao final comprobar se o fixéstedes ben.

Se o resultado é 10/10 quere dicir que sodes uns xenios meus alquimistas.

puzzle raqueta

 

 

 


Como agora as cousas empezan a cambiar un pouco, as familias xa voltan ao traballo e os peques non teñen tanta disposición para facer cousiñas, propóñovos o último reto.

Xa que o pasado luns foi o día dos océanos e xa está moi preto o verán, nesta ocasión temos que facer unha manualidade  relacionada co mar. Podemos facer: peixes, baleas, barcos, sereas, polbos, medusas,… o que a vosa imaxinación queira, iso si, empregaremos materiais de regugallo, como cartóns do papel hixiénico, overas de cartón, pratos de papel, cunchas, pedras… o que teñades pola casa. Mans á obra e coidemos o noso mar!!!

Ahí vos deixo os traballiños dos alquimistas facendo pintura con volumen, con espuma de afeitar e cola ou no microondas. Mirade que obras artísticas!!!


Pero… que grandes son os meus artistas!!! Uns pisapapeis preciosos e orixinais!!! Parabéns alquimistas e familias!!!


Esta semana teremos que facer cadros empregando unha técnica diferente de pintura. Teredes que pintar dun xeito moi diferente porque a textura da pintura é moi diferente, recoméndovos empregar bolsiñas de plástico como e fosen mangas pasteleras para que sexa máis doado debuxar, non colorear.

Imos facer unha pintura máxica que cando seca ten volumen. Podemos facela de dúas formas, unha de secado rápido co microondas e outra de secado lento con cola branca e espuma de afeitar, podedes utilizar a técnica que máis vos guste. Clicade na imaxe e iredes a páxina onde vos contan como se poden facer esas pinturas

11037834-18299652

 

 

 

 


Déixovos un vídeo precioso cuns grandes artistas. Fixádevos ben porque seguro que algún deles dentro duns anos estarán firmando autógrafos. Parabéns!!!


Nesta ocasión o reto vai ser creativo. Aproveitando os vosos pequenos paseos que agora xa podemos dar imos ir recollendo pedras lisas para logo decorar e facer uns bonitos pisapapeis para os nosos escritorios, podemos pintalos con témperas e logo botarlle cola ou laca para que non manchen, tamén podemos pintalas con esmaltes de uñas e así xa non hai que barnizar as pedras. Podedes decoralas como máis vos guste, con motivos primaverais, de animais, de corazóns,…

Ahí vos deixo uns modelos:

Como é a semana das letras galegas, imos tentar falar un pouquiño en galego. Por iso o reto destes días será:  mandar fotiños dos alquimistas lendo contos en galego, tamén podedes mandarme vídeos contando un conto ou cantando algunha canción, pero lembrade… que sexa en galego!!!

Anímovos a facer en familia o voso propio videoclip. Lembrades as curtas do samaín??? Pois espero con ilusión os vosos pequenos vídeos dunha duración de 1 minutiño.


Vaia, vaia!!! Pero que creativos son os meus alquimistas! Mirade que cousiñas tan xeitosiñas fixeron envolvendo lás!