Archivo de la categoría: O FLUIR DAS TICS

Soamente tedes que clicar na imaxe e xa vos leva a páxina onde están as fichas. Podedes unir con frechas, mover elementos ou colocar os números. Veredes todas as fichas e se na primeira dádelles a previsualizar podedes traballar unha tras outra  soamente con premer na frecha. Cando rematedes dádelle a terminado e logo podedes comprobar o resultado final de como o fixestedes.

ficha-2

 


Paula R levou o equipo para casa e investigando, investigando, atopou a webcam e descubriu que podia gravarse con ela. Non sei se foi moi consciente de que o vídeo ia gardarse  pero quedou moi ben.  Da xenio vela amosando o seu descubrimento na casa e ensinándonos a súa calidade coma bailarina.


Antón pasouno moi ben levando o ordenador para casa. No seguinte vídeo podedes ver coma xoga e aprende pero tamén coma el e a súa familia descobren que coa webcam poden facer fotos  e envíannos unhas simpáticas fotos todos xuntos.

 


Como sabedes este curso levamos a cabo o proxecto de levar os equipos para casa cun grande éxito. Por diversos motivos aínda me quedan fotos e vídeos dos que me mandastes coas vosas experiencias por colgar, así que, vou aproveitar  o verán para sacalos.

Aquí vos deixo a foto de Paula D e a súa irmán maior Alba.


Os ordenadores seguen a ir para casa a pesar dalgúns inconvintes. Este fin de semana, ademáis dos títeres, Alba D aproveitou para xogar co ordenador. Pasouno moi ben, escribiu e xogou moito.

O seu xogo favorito foi o de facer tartas. Mirade que concentrada está!!!


Lucas C non puido levar o ordenador antes das vacacións pero non ia quedar sen el. Esta semana levou o equipo e pasouno moi ben. O que máis lle gustou foi o xogo do pingüín onde hai que disparar as letras e o que menos o das palabras porque, ás veces, era un pouco aburrido. Aqui tedes unha mostra de como o pasou.

 E seguide atentos porque nas vindeiras semanas comezaremos coas alfombras máxicas.


Nesta ocasión é Lucía quen comparte con nos a súa experiencia, despois de levar o ordenador para casa. Pasouno moi ben, xogou e escribiu moito. E, coma todos, pareceulle moi pouco tempo para ter o equipo na casa.


Despois de tantos días lonxe custa retomar as actividades pasadas e esta semana esta sendo de transmisión. Nembargante, temos algúns vídeos pendentes porque, aínda que eu non estaba o fluir das tics seguiu fluindo e, pouco a pouco van chegando cousiñas.

Aquí vos deixo un vídeo moi simpático de David e do seu primo xogando, están para comelos!!

Ademáis do vídeo, tamén nos enviaron unhas fotos.


Xa levamos uns días levando os equipos para casa despois de refacer os horarios e de buscar as mellores solucións para todos. Aquí tedes as primeiras impresións dos que xa tiveron os equipos na casa.

Ademáis da opinión dos nen@s, comezaron a chegar as primeiras fotos do seu uso na casa. Aqui tedes a Lucas G pasándoo xenial co ordenador. So levou un pequeno susto cando o equipo non encendía, rompérase de repente… Bueno, igual non rompera so se lle acabara a batería pero o susto foi o mesmo.


Despois dos talleres de entroido, arrancar co proxecto dos avós e finalizar algúns asuntos pendentes. A semana pasada comezamos co proxecto do fluir das tics. Na barra lateral dereita tedes un enlace con toda a información. Hai podedes ver un resumo do que hai nos equipos, información xeral sobre o proxecto e o calendario de entrega entre outras cousas.

As primeiras en levar os equipos foron Antía e Nerea, nembargante non levaron as alfombras, porque, como veredes no libro de información, as alfombras irán cando comecemos a segunda tanda de entrega dos equipos.

A experiencia de Antía e Nerea foi moi positiva e na avaliación, a súa familia lamenta que este proxecto dure tan pouco porque os Vincis non estarán para o ano.

Así que dándolle voltas, teño unha proposta. Poderiamos levar os equipos todos os días e non so a fin de semana. Os que tedes tempo pola semana deberedes avisar para deixar os fins de semana para as familias que, por traballo, non poden disfrutar igual cos nen@s dos equipos.

Mañán os nen@s levarán unha nota para saber si é posible estirar o proxecto o máximo e que os nen@s leven os equipos máis dunha vez. En cada nova quenda, teremos novo material. Convídovos a ver o site da barra lateral e o vídeo de Antía e Nerea antes de levar os equipos para casa.


O venres pasado tivemos unha grata sorpresa. Ao vir do recreo atopamos a clase chea de caixas e cando as abrimos non podiamos crer o que alí había, estaban os ordenadores pequenos que imos levar para casa. Puxémonos contentísimos e, claro, quixemos estrealos así que, usando o programa de escritura Wordpad que trae o ordenador puxémonos a xogar a escribir. Daba gusto ver aos Vincis organizados por equipos escribindo nos seus ordenadores, tentando facelo o mellor posible, compartindo os equipos, preguntando as b ou v para non equiparse…

Foi incrible. Eles pasáronno de vicio e, xogando, xogando, escribimos e lemos unha chea. Foi fantástico. Agora so nos queda preparar os equipos para comezar o noso proxecto » O fluir das tics». Ao final protestar serviu para algo e, afortunadamente, dende a Voz de Galicia entenderon o noso proxecto e puxeron todo da súa parte para que puideramos levalo a cabo.