Archivo de la categoría: ACTIVIDADES LIM

A profe Rosa, que xa é toda unha experta en actividades LIM, proponnos un novo xogo LIM para que coñezamos mellor o noso corpo. Clicade na imaxe e, A XOGAR!!!


A profe Rosa proponnos máis actividades LIM para practicar os números. Animádevos a xogar con esta simpática granxa.


Levounos un pouco de traballo pero os exploradores xa teñen un libro Lim, é dicir, un libro interactivo.

Agora xa poden xogar con él e lembrar algunha das cousas que traballamos este ano na aula, dun xeito máis atractivo e divertido. Van traballar cos seus nomes e as súas fotografías, terán que relacionar, clasificar nomes e fotos, resolver puzles, buscar a personaxe misteriosa, xogar as parellas,… Na última parte do libro  podedes atopar xogos máis complicados nos que terán que escribir o nome do compañeiro ou compañeira, xa que estes están pensados para comezar a facer durante este novo curso, por iso necesitarán da vosa axuda para resolvelos correctamente.
Animádevos a pasar un rato divertido xunto cos vosos peques.


O pasado venres os exploradores subiron por primeira vez á aula de informática, neste curso, para aprender a recoñecer os seus nomes e os dos seus amigos e para xogar coas fotos, grazas ao noso libro Lim: «Os exploradores».

Nesta ocasión aproveitamos para recordar os nosos nomes, as súas letras, facer puzzles coas caras, facer clasificacións, relacionar tarxetas seguindo unha orde coñecida,… Pero nas seguintes sesións xa nos agruparemos por parellas para traballar diante do ordenador e comezar a facer cousiñas sinxelas, como: control do rato, comezar a empregar o word para escribir palabras, realizar todos os libros Lim que vos amosamos no noso blog, buscar información a través da internet, preguntando ao señor Google, etc.

Amosamos un pequeno-gran vídeo de como o fixemos e de como entre todos conseguimos acadar un bo resultado coas axudas de todos, non saímos todos porque a profe tiña chea a memoria da cámara con todas as nosas reflexións e xa non tiña máis espazo para recoller os últimos momentos que foron especialmente ricos.


 Holaaaa!!! acabo de colarme no voso blog para deixarvos outro LIM do Samaín  a ver si vos gusta . Un biquiño moi grande para todos .


Sei que entre os Vincis hai moitos seguidores do blog da profe Susana porque hoxe xogamos cun LIM que preparou ela e moitos xa o coñecían.
De todos os xeitos para que poidades seguir aprendendo e para os que non o coñecían aquí tedes unha nova actividade de preparación para a chegada do Samaín. Clicar na imaxe e a xogar todos. Os Exploradores e os Sinefos tamén poden tentalo e, incluso, os Waters se papá e mamá xogan con eles.

Aqui tedes aos Vincis xogando con este Lim, pasámolo xenial.

Copiamos a idea de profe Rosa de facer do noso panel de proxección unha PDI con trampa, pero os Vincis son moi listo e saben que move a profe o rato, así que xogamos igual pero eles indicándome para onde levar as cousas.


Os exploradores e os sínefos estiveron xogando cun novo libro Lim: Os animais domésticos, na nosa PDI caseira.

Foi moi divertido ver como tentaban ler a tarxetas de palabras, como recoñecían os números, ata foi incrible ver como se axudaban entre todos para resolver cada un dos xogos que propuña o libro, aínda que algunhas veces non acertásemos.

Esta é unha nova forma de traballar un montón de competencias lingüísticas, matemáticas, sociais,… dun xeito moi entretido, no que aprendemos case sen darnos conta.


Os Vincis hoxe xogamos na clase con esta nova actividade LIM relacionada coa auga. Trátase de ver o que xa saben os nen@s da auga para comezar o noso proxecto. Agora tócavos xogar xuntos na casa. Clicada na foto e adiante.


A profe Susana non para de traballar e xa preparou outro xogo sobre a auga, neste caso dos animais do mar, así que, xa sabedes, a xogar.


No cole de Casalonga, en Teo, onde está a nosa querida profe Susana,tamén están traballando o mar. Estes días a profe preparou un xogo de Bob Esponja chulísimo. Espero que vos guste e xoguedes moito con el. Pinchade na foto e a xogar.


Os exploradores teñen un libro LIM, é dicir, un libro interactivo que lles serve para xogar coas palabras, cos números, facer xogos de memoria, de atención,… neste caso o LIM está feito coas súas caras e os seus nomes.

Nesta ocasión tentamos xogar con el en gran grupo e como non temos PDI na aula, e para ir a aula de infórmatica é un pouco complicado porque só podemos un ratiño para deixar que todos os grupos poidan ir a ela, así que a profe Rosa (fixo un pouquiño de trampa) e creou na nosa aula un PDI (pantalla dixital) de andar por casa, jajajaja.

Queredes ver o resultado?? A cara de asombro dos pequenos exploradores e os resultados foron iguais que con unha pantalla de verdade, xa que eles crían que eran eles os que movían as tarxetas da pantalla con facer xirar o seu dedo por esta pantalla tan particular. Mirade con atención este vídeo, non ten desperdicio.


Aqui vos deixamos unha nova actividade LIM para que vaiades facéndovos á idea de que xa vai comezar o curso. Estade atentos e respondede ben. Ánimo que é moi curtiño e, en seguida, o ides a rematar.

Clicade na imaxe e A XOGAR!!!


Deixamos unha nova actividade LIM para os Peques de Reboreda. Neste caso aproveitando o proxecto da China e a visita ao noso dragón particular, creamos unha nova actividade onde podedes escoitar a lenda e logo tedes unha chea de actividades para xogar en familia.
Espero que vos gusten e as disfrutedes xuntos.


Lembrades o xogo dos pandas e o dos Vincis? Pois aqui vai un novo xogo relacionado cos números. Cun pouco de axuda podemos chegar a sumar. Moita sorte e a pasalo ben.


Estamos ante un fin de semana longo. Aproveitade para descansar e pasalo ben. Se vos toca estar na casa, aquí vos deixo unha nova proposta para xogar e repasar cos Vincis, hoxe estivemos xogando con el na clase e pasáronno moi ben. Eu cría que non ir ser capaces porque había que ler pero fixéronno xenial. Espero que vos guste. Clicade na imaxe e a xogar.