OS CONTOS E AS CANCIÓNS DOS ALQUIMISTAS POLAS LETRAS GALEGAS

Déixovos un vídeo precioso cuns grandes artistas. Fixádevos ben porque seguro que algún deles dentro duns anos estarán firmando autógrafos. Parabéns!!!

NOVO RETO: PEDRAS PINTADAS

Nesta ocasión o reto vai ser creativo. Aproveitando os vosos pequenos paseos que agora xa podemos dar imos ir recollendo pedras lisas para logo decorar e facer uns bonitos pisapapeis para os nosos escritorios, podemos pintalos con témperas e logo botarlle cola ou laca para que non manchen, tamén podemos pintalas con esmaltes de uñas e así xa non hai que barnizar as pedras. Podedes decoralas como máis vos guste, con motivos primaverais, de animais, de corazóns,…

Ahí vos deixo uns modelos:

OS ALQUIMISTAS AMOSAN AS EMOCIÓNS COS GLOBOS CON FARIÑA

Chulísimos!!!

CONTO EN INGLÉS

https://elt.oup.com/student/rainbowbridge/?cc=global&selLanguage=en

Uxía Lambona: «Verdescente»

Unha cancionciña máis en galego

NOVO RETO SEMANAL: CONTOS OU CANCIÓNS EN GALEGO

Como é a semana das letras galegas, imos tentar falar un pouquiño en galego. Por iso o reto destes días será:  mandar fotiños dos alquimistas lendo contos en galego, tamén podedes mandarme vídeos contando un conto ou cantando algunha canción, pero lembrade… que sexa en galego!!!

Anímovos a facer en familia o voso propio videoclip. Lembrades as curtas do samaín??? Pois espero con ilusión os vosos pequenos vídeos dunha duración de 1 minutiño.

XOGOS INTERACTIVOS DAS LETRAS GALEGAS

Clicade na imaxe e iredes a páxina web que contén unha chea de xogos divertidos para facer en familia. Son xogos de números, de letras, de atención,… soamente tedes que premer na frecha e iredes pasando de xogo en xogo pero antes de pasar ao seguinte debedes comprobar se o fixestes ben premendo en: Green Check mark on white background

 

 

 

CONTO POLA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 

E agora vos deixo o contomusicado

 

AS ELABORACIÓNS DE GRAFO CON LÁS DOS ALQUIMISTAS

Vaia, vaia!!! Pero que creativos son os meus alquimistas! Mirade que cousiñas tan xeitosiñas fixeron envolvendo lás!

IN THE JUNGLE

IMOS A CANTAR E BAILAR EN INGLÉS

OS XOGOS MATEMÁTICOS DOS ALQUIMISTAS CON PINZAS E OUTROS MATERIAIS

Estes días os alquimistas traballan cos números nas súas casas con materiais que teñen por alí, como: cartóns do papel hixiénico, pinzas, botóns,… Relacionan grafías e cantidades, repasan a serie numérica (cada día máis longa), buscan os números agochados na serie numérica, suman,…

Canto traballan estes alquimistas!!! E cantas ideas teñen as súas familias!!! Parabéns a todos e a todas!!!

GLOBOS CON FARIÑA

Ola alquimistas!!! Xa estou aquí de novo cun novo reto semanal. Nesta ocasión imos facer uns divertidos globos antiestrés con fariña, cos que xogaremos as emocións moldeando diferentes cariñas, como: medo, alegría, tristeza, rabia, duda, asco,…

  

MANUALIDADES DE PASTA DE SAL DOS ALQUIMISTAS

Que sorpresa!!! Vaia cousiñas tan bonitas fixeron os meus alquimistas nas súas casas coa axuda das familias! Estade atentos a este vídeo e quedaredes gratamente sorprendidos. Seguide así meus peques!

Novo reto: grafo con lás

Ola Alquimistas!!! Xa estou de novo aquí propoñéndovos un novo reto. Nesta ocasión imos facer grafomotricidade con lás de cores que teñades pola casa. Consiste en facer unha silueta nun cartón duro e logo enrollarlle lá, así faredes un divertido colgante para decorar a porta da vosa habitación ou as ventás.

É un reto moi sinxelo pero moi divertido, espero e desexo que volo pasades moi ben realizándoo. Ánimo peques que xa queda menos!!!