Archivo de la categoría: CANCIÓNS


Déixovos un vídeo precioso cuns grandes artistas. Fixádevos ben porque seguro que algún deles dentro duns anos estarán firmando autógrafos. Parabéns!!!


Unha cancionciña máis en galego




O profe Álex, quere que cantedes coa vosa familia todas aquelas cancións que xa sabedes. Hoxe imos saudar en inglés coa canción… Hello!!!


Non me puiden resistir! Moi simpática e ademáis anda un Apolo polo medio. A ver se o vedes.


Antes de rematar o ano, aínda temos pendente as fotos dos aniversarios deste mes. Mauro e Teo xa teñen 4 anos. Un mes máis viñeron as familias, comemos biscoito e logo as piñatas!

Este mes tamén tivemos actuacións. Neste caso os protagonistas foron o propio Mauro e Teo que nos fixeron unha fantástica sesión musical.


Este ano os pequesreboreda no «Festival de Inverno» convertémonos nuns simpáticos bonecos de neve e puxemos as nosas gorxas a traballar.
Mirade que ben o fixeron!

Así viron o festival os choquetes


Os Apolos vanse facendo maiores. Este mes foi o turno de Carla e Ainoa. Celebramos os aniversarios co resto dos compis de infantil. Cantamos, comemos biscoito e disfrutamos coas piñatas.
Aquí tedes un resumo!

Pero, coma sabedes, este ano convidamos as familias a que preparen algo para celebrar o aniversarios connosco, nesta ocasión as familias de Carla e Ainoa xunto coas familias dos Coquiños prepararon un baile moi simpático e, ao final, todos nos arrincamos a bailar.
Noraboa a todos porque o fixeron xenial e, sobre todo, a Idaira de 3º que foi unha profe de baile estupenda!!


Coma xa contou a profe Rosa, aproveitando o tema do curso e que estamos no outono decidimos traballar as froitas e froitos de outono todo o ciclo de infantil. Culminamos a actividade co mercado otoñal pero, antes de chegar a iso, houbo moitas actividades previas.
Os Apolos estivemos traballando coas noces e as mazas. Primeiro buscamos información na rede sobre as noces, logo falamos en alto de todo o que vimos no ordenador e experimentamos coas noces.
Ademais escoitamos a canción dun barquiño de cáscara de noz e logo fixemos os barquiños.

Aquí tedes un resumo!!


E tamén a canción para poder seguir disfrutando dela na casa


Todos os días acontecen cousas singulares que me sacan un sorriso e fanme disfrutar moitísimo cos Apolos. A semana pasada David veu entusiasmada cunha canción que bailaba na súa casa e se chamaba «Señorita». Quería que a buscara no ordenador para ensinarlle aos Apolos a bailar. Así que antes de marchar para casa buscámola. Puxémola e estaban todos moi, moi atentos. Aquí vos deixo o que pasou cando me pediron que a volvese a poñer.

SON XENIAIS!!!

 


Este ano para o día da Paz imos cantar a canción «Eu teño alguén no meu corazón» de María Fumaça que podedes atopar no seu último álbum: «Xiqui, xoque Fiú, fiú», publicado pola editorial Galaxia, na súa colección sonárbore.