Archivo de la categoría: CONTOS

Déixovos un vídeo precioso cuns grandes artistas. Fixádevos ben porque seguro que algún deles dentro duns anos estarán firmando autógrafos. Parabéns!!!


 

E agora vos deixo o contomusicado

 


Natalia, a mami de Lola, volveu a visitarnos para contarnos unha nova historia. Unha historia preciosa e moi relacionada co noso proxecto «O sistema solar»

Estivemos superatentos á historia, xogamos aos detectives e logo comemos ricos planetas xelatina de «gomis» como di Lola. Mirade que atentos estivemos a preciosa historia que nos contou Natalia.

GRACIÑAS POR ESTE MOMENTO TAN DOCE!


Lucía, achegouse a clase dos choquetes para compartir con eles unha nova historia fantástica, «Unha eiruga moi larpeira». Narrou o conto coa axuda de Antía e Sheyla, que lle axudaron a mover a pequena eiruga que rillaba, sen parar, nas froitas e alimentos desta historia. Os choquetes tiveron que estar moi atentos porque Lucía despois do conto fixo un pequeno concurso para ver si recordaban algunhas cousiñas. Ao final Lucía agasallou con ricos caramelos a este público tan atento. Noraboa Lucía!!! Fixéchelo de 10!!!


Paula levou varios días preparando o seu conto con moita ilusión, ensaiando a súa narración e preparando uns títeres representativos do conto, como: pelostortos e pantasmas coa axuda dalgunha das súas compañeiras. Mirade que boa sesión de contacontos poideron disfrutar os pequenos choquetes. Graciñas a Paula, Antía e Carla por facer que cada día os contos nos gusten máis!!!


Carla achegouse a clase dos choquetes para contarlles unha fermosa historia moi coñecida por estes expertos buscadores de historias, «Cocorico». Levaba moitos días ensaiando e preparando cunhas axudantas moi especiais uns pequenos agasallos para os peques. Fixeron uns marcapáxinas moi fermosos de recordo do conto. Pasámolo moi ben e gustounos moito escoitar o conto na voz de Carla. Parabéns Carla!!!

Os choquetes xa están ansiosos por recibir a un novo contador de historias (pequeno, grande ou… moi grande!). Animádevos que vos estamos esperando!!!


Foi unha actividade fantástica, estabamos moi nerviosos e desexando que chegara o día. Non gañamos o concurso pero iso a nós deunos o mesmo, mereceu a pena todo o traballo realizado e as actividades que preparamos ao redor da nosa peli. Foi marabilloso realizalas cos todos os nosos compis dos pequereboreda e coas nosas familias, todos pasámolo xenial e así o reflexamos no noso divertido «photocall». Parabens peques por un traballo tan ben feito!!!

 

 


Despois de traballar tantos días co conto da eiruga larpeira quixemos facer un gran fin de conto cunha actividade mmmmm moi doce. Fixemos una eiruga moi larpeira da que non quedou ningunha migalliña. Queredes saber como a fixemos? Pois atentos que o vídeo vai comezar.


Seguindo co conto da eiruga, esta vez quixemos decorar a nosa clase cunhas grilandas moi orixinais, feitas con materiais de refugallo. Fixemos froitas variadas con platos de cartón, como as froitas da eiruga larpeira. Empregamos diferentes técnicas e materiais plásticos e os resultados foron preciosos. Ademais fixemos una eiruga xigante que acompaña as nosas froitas. Mirade canto traballamos!


Dentro das actividades do conto da eiruga tamén fixemos un cadro primaveral empregando diferentes técnicas e recursos plásticos. Estampamos con corchos facendo una eiruga e facendo series de cores. Fixemos grafomotricidade facendo a herbiña do chan, estampamos con esponxas as nubes e o sol, pegamos flores e bolboretas troqueladas quedando unha composición preciosa, que utilizaremos como portada dos nosos traballiños do 2º trimestre. Mirade canto traballamos e que ben o pasamos!!!


Como está chegando a primavera os choquetes decidimos traballar o conto «Unha eiruga moi larpeira», xa que está moi relacionado tamén co tema da alimentación e da vida sá. Deseñamos varias actividades para levar a cabo neste tempo primaveral, nesta ocasión fixemos unhas simpáticas eirugas con materiais de refugallo, cartóns dos ovos. Tivemos que pintar os cartóns facendo series (verde oscuro e verde claro), logo pegámoslle os corniños, os ollos e o nariz. Como remate final colocámoslle pompóns de cores para animalas un pouco. Mirade que bonitiñas quedaron!!!


Este ano tivemos a sorte de recibir a Ana Area, non soamente para cantar, como é una gran artista tamén quixo contarnos a fermosa historia do grúfalo. Estivemos super-atentos para non perder ningún detalle da historia. Graciñas Ana!!!


Esta sábado, aquí ao lado do cole non vos perdades ao Señor Gravata Torta ás 12.

carambola