Archivo de la categoría: BIBLIOTECA

As contacontos de 5ºB, María e Paula, chegaron a nosa clase cargadiñas de historias para contarnos, unhas fábulas moi coñecidas e outras non tanto. A súa primeira sesión de narradoras estivo moi ben. Noraboa! Esperamos vervos moi pronto contándonos novas historias!


Os nenos e nenas de 5ºA, quixeron facernos viaxar a través dos sons ata un lugar moi especial, Hawaii. Os pequesreboreda soamente tiveron que tumbarse no chan da aula de psicomotricidade, baixar as luces, pechar os ollos e deixarse levar polos sons. Foi unha experiencia fantástica e moi relaxante!


Un ano máis os choquetes reciben a visita semanal de expertos contacontos do cole. Nesta ocasión foron Alba e Laura as que viñeron a visitarnos, cunha coñecida historia pero ao mesmo tempo orixinal. As dúas intérpretes fixeron una divertida adaptación do conto da toupiña que quería saber que lle fixera aquilo na cabeza. Noraboa rapazas!!! Fixéstelo moi ben!!!


A profe Isa non para e xa está mergullada buscando os diferentes e orixinais sons dos animais. Nesta ocasión coa axuda dos nenos e nenas de 5º agasallounos cun «baño sonoro» cheo de sons coñecidos ou descoñecidos que podemos apreciar polos nosos bosques unha tarde de outono. Foi toda unha experiencia sensorial tanto para grandes como para pequenos!


A comezos de outubro, a biblioteca abríu as súas portas un curso máis. Por iso festexámolo facendo a lectura silenciosa dun xeito moi particular. Cada clase ocupaba un espazo diferente do cole, no seu interior ou polo patio, e adicábase a ler en silencio xunto coas outras aulas.


Estas grandes artistas non paran de argallar, unha semana tras outra, para deixarnos abraiados coas súas sesións de contacontos. Nesta ocasión foron todas en conxunto as que prepararon unha sesión espectacular. Dramatizaron de xeito orixinal e moi sinxelo o fermoso conto, «A mellor sopa do mundo»

Os choquetes estaban encantados e para que todos disfrutasen desta sesión tan especial invitamos tamén aos Apolos. Deixáronnos coa boca aberta!!!

XENIAL EXPLORADORAS!!!

SODES GRANDES ARTISTAS!!!


Os choquetes estaban encantados porque moitos papis, mamis, avós, avoas,… quixeron vir a ler con nós na lectura silenciosa. Como era un momento especial, quixemos facelo tamén de forma especial polo que collemos os libros e saímos ao patio, buscamos una boa sombra e una pouca de herba para acomodarnos no chan e pasar 20 minutiños lendo sen parar. Foi un momento moi máxico pero non volo vou dicir eu… mirade este vídeo e quedaredes prendados das fotos tan bonitas que roubamos a eses momentos.

GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS… FAMILIAS!!!

SEMPRE TAN ATENTAS, SEMPRE TAN ENTREGADAS, SEMPRE TAN CERCANAS!!!


A profe Lidia sempre ten grandes ideas e planificou cos seus alumnos e alumnas de 4º B un conto que nos presentaron de forma moi orixinal, aos choquetes e aos apolos, na aula de psicomotricidade para celebrar a semana do libro. Estabamos tan atentos que nin pestanexamos. Dicían que case non tiveran tempo para preparalo pero… fixeronno XENIAL!!!

Que? Xa estades ansiosos para velo, non? Pois atentos, atentos…. que isto xa comeza!!!


As miñas exploradoras de 5ºA, están enganchadas ao de contar historias e cada sesión que pasa fanno mellor, fanno xenial!!!

Nesta ocasión Andrea, tiña moitas ganas de dramatizar un conto que lle gustaba moito cando era pequerrecha, polo que animou ás súas compis e mira o que fixeron…

Son unhas grandes artistas!!!


Iria visitou a clase dos choquetes para traernos unha historia fantástica, Blobló. Estes pequenos espectadores estiveron moi moi atentos xa que Iria fíxoo moi ben. Parabéns Iria!!!


Lucía, achegouse a clase dos choquetes para compartir con eles unha nova historia fantástica, «Unha eiruga moi larpeira». Narrou o conto coa axuda de Antía e Sheyla, que lle axudaron a mover a pequena eiruga que rillaba, sen parar, nas froitas e alimentos desta historia. Os choquetes tiveron que estar moi atentos porque Lucía despois do conto fixo un pequeno concurso para ver si recordaban algunhas cousiñas. Ao final Lucía agasallou con ricos caramelos a este público tan atento. Noraboa Lucía!!! Fixéchelo de 10!!!


Paula levou varios días preparando o seu conto con moita ilusión, ensaiando a súa narración e preparando uns títeres representativos do conto, como: pelostortos e pantasmas coa axuda dalgunha das súas compañeiras. Mirade que boa sesión de contacontos poideron disfrutar os pequenos choquetes. Graciñas a Paula, Antía e Carla por facer que cada día os contos nos gusten máis!!!