Archivo de la categoría: PREMIOS

Fai uns días xa vos contamos que os Sapiens e os Cocoricos fixemos unha película. Aquí vos deixamos un wix onde podedes todo o proceso para levar a cabo esta pelí. Clicade na imaxe e ide por cada unha das páxinas do mesmo para ver todo. Esperamos que vos guste.

oollos


Este curso que xa está a rematar formamos parte, por primeira vez, dos centros VOZ NATURA despois de entregar un proxecto onde falabamos da nosa horta e das actividades que faciamos para preservar a nosa contorna coma o proxecto da Fervenza de Reboreda que levamos a cabo o ano pasado. Pois, o vindeiro curso seguiremos a traballar, neste caso para potenciar e concienciar sobre a reciclaxe e o uso das enerxías renovables.


O noso blog de Voz Natura foi premiado cunha mención especial entre 214 blogs que participaban no proxecto deste curso. Estamos super-contentos!!!


O día 23 de Abril, coma todos os anos, celebramos o día do libro cun acto moi especial. Anunciáronse os gañadores do concurso de Reboraina e léronse, ante todo o alumnado e profesorado da escola, por estes grandes e futuros escritores. Fixérono moi, moi ben!!!


Este ano decidimos presentar o noso blog aos premios espiral. E temos que pedirvos a todos os que nos seguides un gran favor, que entredes na páxina dos premios e comentedes o que vos parece o noso blog para poder ter algunha opción. Agardamos a vosa axuda.

Clicade na imaxe, deixade os vosos comentarios e a ver se hai sorte.



O noso Cocorico Gabriel gañou o concurso para poñerlle nome á Coca, a súa idea foi escollida de entre máis de 450 propostas. Os Cocoricos estamos moi content@s e orgull@s do noso compañeiro. Moitas felicidades para Gabriel e tamén para a súa familia, que nos enviou os seguintes enlaces para que os poidamos ver. ¡Unha aperta!
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2011/12/24/0003_201112V24C9991.htm
http://www.farodevigo.es/comarcas/2011/12/24/coca-simona-dragon-amigo-ninos/608752.html
http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=2057

http://www.empresasredondela.com/nova.asp?id=832

 


Un ano máis, antes de comezar o festival de Fin de curso, fixéronse no centro o entrega de premios. Os peques de Reboreda estamos de noraboa por dous motivos, un pola postal de Nadal que fixemos as catro clases en conxunto e pola que nos deron un agasallo que entregou a profe Patri, nada máis e nada menos que un conto musical para compartir entre todos nos.

Despois, Margarida, tamén nos deu un agasallo por ser o mellores lectores de todo o centro.  Neste caso entregou a profe Rosa e todos marchamos para casa cun precioso agasallo.


Hoxe recibimos unha boa nova, presentámonos ao concurso VOZ NATURA que fomenta a educación medioambiental e ecolóxica nos centros educativos de toda Galicia e acabamos de saber que estamos entre os centros escollidos para formar parte do programa o próximo ano. Estamos moi contentos porque no proxecto presentamos as actividades levadas a cabo coa fervenza de Reboreda e o Día do Monte que se celebra no cole.

Podedes ver máis información clicando na imaxe.

Aquí tedes a lista dos centros escollidos.

Agora, toca comezar a pensar novas iniciativas para seguir traballando no vindeiro curso.


Coma xa sabedes temos estamos buscando debuxos para a camiseta de Agrupacións Escolares. A semana pasada, os Vincis entramos en Facebook para ver todos os debuxos que participan e facer as nosas votacións.


A semana pasada tivemos a sorte de poder reunirnos cos nosos compañeiros de Agrupacións por segunda vez neste ano. Coma nos xa foramos a Casalonga tiñamos unha pequena idea de coma recibir aos nosos amigos.
Os días previos, coma xa vos contamos fixemos o cartel, preparamos as pingarotas para darlles e mandamos notas as familias para ter nos tamén unha boa merendola.
Unha vez máis, temos que agradecer a todas as familias a súa implicación porque tiñamos unha mesa na que non faltaba de nada: doces, magdalenas, pizzas, empanadas, croquetas, tortillas, ovos recheos, galletas, biscoitos, empanadillas, bocatas…
Recibímolos con todo o noso agarimo, xogamos xuntos, compartimos a comida e a celebración dos aniversarios de abril e maio e, aproveitando que era o DIA DOS XOGOS no noso cole, tivemos unha xornada lúdica xogando e recibindo tickets que cambiamos por premios.
Foi un día moi intenso pero creo que todos, tanto os nen@s de Reboreda coma os de Casalonga quedamos moi contentos.
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR ESCOITARNO E AXUDARNOS EN TODAS E CADA UNHA DAS NOSAS INICIATIVAS, DA GUSTO TER FAMILIAS TAN IMPLICADAS NA EDUCACIÓN DOS SEUS PEQUENOS.

Cando os Vincis marcharon para casa, os nosos amigos de Casalonga inda quedaron un pouco máis no noso cole. Aproveitamos a cantidade de comida que mandaron as nosas familias para comer na clase dos Vincis. Logo xogamos un pouco, e, antes de marchar recollemos todos os xoguetes que gañamos cos xogos. Foi un día moi intenso e cheo de emocións. Ata a próxima, COCOS e PINGOTAS.


Aquí vos deixo un resumo na nosa primeira semana de volta ao cole despois das vacacións. Tivemos moito traballo porque os prazos dos concursos nos que estamos apuntamos botábansenos  enriba e tivemos que traballar arreo.


O outro día, antes de ir a fervenza, e aproveitando a celebración do día da auga, os Vincis debuxaron a fervenza, pero despois de ir vela había moitas cousas que non estaban ben así que tiveron que refacer os seus debuxos. Despois volvemos a poñelos no mural ao lado dos primeiros e, ese mural vaise converter na nosa proposta para os premios coidadores do medioambiente dos pitufos no que nos inscribimos fai unhas semanas. Xa vedes que aproveitamos o feito para o resto dos proxectos.


Hoxe é o último día para entregar os debuxos para o concurso de meteoroloxía no que participamos os peques de Reboreda. Os Vincis mandamos os debuxos feitos con auga antes do nadal, pero queriamos mandar algo máis e aproveitando que este ano traballamos sobre a auga fixen unha compilación de debuxos dos feitos na aula para mandar.  Agora so nos falta agardar polo dictamen do xurado.


Non sei se lembrades que o ano pasado presentámonos a uns premios dunha web catalana que estaba adicada ao tempo atmosférico. Este ano os nosos amigos de Ecometta fixeron o concurso especialmente adicado ao tema da auga por ser o tema que estamos traballando así que, unha vez máis non puidemos resistirnos a presentarnos ao concurso. Aquí vos deixo os debuxos dos nen@s, se clicades na imaxe de Ecometta tedes toda a información sobre o concurso, premios, datas de presentación… Agora so falta esperar que ao xurado lles gusten os nosos debuxos.