DIVERTIDOS XOGOS NOS RECUNCHOS
27 ene 2012 Dejar un comentario
in MEDRANDO NO COLE, RECUNCHOS, RECURSOS, RUTINAS, XOGOS DE AULA
Unha das rutinas diarias dentro das aulas de infantil é o xogos nos “recunchos”. É unha das actividades máis esperadas por todos os peques, especialmente polo meus exploradores. Aínda que este ano, debido a que somos os maiores e sempre temos tantos traballos que facer, non nos da tempo a pasar por eles. Pero cando podemos gozar dun ratiño así de ben o pasamos: inventamos historias, compartimos materiais, axudamos aos compis,… Agora os nosos xogos son máis organizados e máis ricos en creatividade.
Ahí vos deixo un pequeno vídeo con pequenos retazos deses momentos porque sei que vos gusta moito asexar por este buratiño tan especial e ver como se portan os vosos peques cando vos non estades presentes.
CANCIÓN DA PAZ: “CELEBRA LA VIDA”
26 ene 2012 Dejar un comentario
in CANCIÓNS, CELEBRACIÓNS, CONMEMORACIONS
O día 30 de xaneiro, celebraremos na escola o día da PAZ. Por iso queremos deixarvos eiquí o vídeo da canción que entre todos cantaremos no patio ese día nun pequeno acto conmemorativo. Así podedes ensaiar e cantar cos peques o estribillo desta canción tan “pegadiza”. Animádevos a cantar ao mellor así conseguimos que chova un pouquiño, jajajajajaja.
SEGUNDO ARCHIVO RECUPERADO
25 ene 2012 Dejar un comentario
in NOVAS
VELAHÍ TENDES O SEGUNDO DOS TRES ARCHIVOS RECUPERADOS DOS WATERS, QUE AÍNDA PASADO O NADAL, FARAVOS ILUSIÓN VER. NESTA OCASIÓN OS CUMPLES DE DECEMBRO E UNHA VISITA MOI AGARDADA.
XOGOS COS CONTOS NA PDI
24 ene 2012 Dejar un comentario
in DIDÁCTICA. COMPARTINDO IDEAS, LÓXICA-MATEMÁTICA, LECTOESCRITURA, MATERIAIS E RECURSOS, MEDRANDO NO COLE, RECURSOS, TICS
Neste segundo trimestre os peques de Reboreda traballarán cos contos tradicionais, que van pasando de xeneración en xeneración. E que mellor forma de traballar a lecto-escritura e a lóxica-matemática dende os propios contos. Por todo iso deseñamos unha serie de actividades para traballar da nosa gran PDI.
Xogando, xogando descubrimos que na PDI aprendemos dun xeito tan lúdico que case non nos damos conta de todas as cousas que estamos aprendendo, como por exemplo: formamos palabras, contamos, construimos a serie numérica do 1 ao…, lemos en maiúsculas e minúsculas, facemos laberintos, unimos imaxes coas súas palabras,…
Se estades interesados en descubrir esta nova forma de xogar e aprender ao mesmo tempo, observade con atención estes vídeos nos que podedes descubrir canto medraron estes intrépidos exploradores. Como foi tan difícil reducir os vídeos (porque o fixeron taaaaaaaaan ben) que tivemos que montar a sesión por partes.
RECUPERANDO ARTIGOS PERDIDOS
23 ene 2012 1 comentario
in NOVAS Etiquetas: Aniversarios
Aquí vos deixo algúns dos artigos que supoñía perdidos e que gratamente foron recuperados. O primeiro foi este, o artigo dos cumples celebramos en novembro.
TITERENENO
20 ene 2012 Dejar un comentario
in OCIO
Aquí vos deixo o programa de Titirineno que comeza mañá no Multiusos da Xunqueira.
DESCUBRINDO TALENTOS
19 ene 2012 1 comentario
in CONTIDOS, CONTOS, LECTOESCRITUTA, NOVAS, PEQUENOS CONTACONTOS
FAI UNS DÍAS, TÓDOL@S SÍNEFOS TIVEMOS O PRACER DE DISFRUTAR DUNHA MOI BOA VERSIÓN DO CONTO “TIO LOBO”, GRACIAS A UN MAGNÍFICO E MOI VALENTE COMPAÑEIRO,ANTÓN, QUE NOS ABRAIOU CANDO CON TÓDALA PACIENCIA DO MUNDO COMEZOU A NARRARNOS A SÚA VERSIÓN DE TIO LOBO.
NON É DOADO ENFRENTARSE A UN PÚBLICO TAN EXISENTE PERO EL CONSEGUIU DEIXARNOS MUDOS, ALGO QUE SE LOGRA EN CONTADAS OCASIÓNS; BOQUIABERTOS E TAMÉN QUITOUNOS UNAS RISAS.
ESPEREMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMO A NÓS E QUE VOS ANIMEDES A VIR A CONTARNOS ALGÚN CONTO.
UNHA CARTA INESPERADA
18 ene 2012 2 comentarios
in AMIGOS, INTERCULTURALIDADE, LECTOESCRITUTA
O VENRES RECIBIMOS UNHA CARTA INESPERADA, A AVOA DE BRAULIO ESCRIBIUNOS DENDE MANCHESTER E XUNTO COA CARTA ENVIOUNOS UNHAS POSTAIS QUE NOS DEIXARON COA BOCA ABERTA DE TANTO QUE NOS GUSTARON.
BRAULIO COMPARIU A CARTA E AS POSTAIS CON TODOS, E AGORA COMAPRTÍMOLO CON TODAS AS FAMILIAS PARA QUE VEXADES QUE ENRIQUECEDORA É TODA A VOS COLABORACIÓN, GRACIAS ADELA, AVOA DE BRAULIO.
AS GALLETAS DO BOSQUE DE ANTÍA
17 ene 2012 Dejar un comentario
in COCIÑANDO, FAMILIA EN EL AULA, MEDRANDO NO COLE, NOVAS
Os intrépidos “Exploradores” cada día e nunha nova ocasiñon están embarcados en novas aventuras, últimamente no seu tempo de lecer están feitos uns grandes cociñeiros.
Nesta ocasión Antía fixo divertidas galletas do bosque: cogumelos, esquíos, flores, caracois e un simpático corazón para a profe Rosa. Traballou moitísimo xunto coa súa mami e así de ben quedaron esas riquísimas galletas e trouxo tantas que repetimos varias veces, jajajajaja, e que… somos moi lambóns!!!
Graciñas Antía e Bea, sodes fantásticas!!! pero…….. a próxima vez queremos ver fotos coas mans na masa, jajajaja.
![]() |
| Create a scrapbook |
LIM DOS ANIMAIS
16 ene 2012 3 comentarios
in ACTIVIDADES LIM, COÑECEMENTO DO MEDIO, MATERIAIS E RECURSOS, TICS
Novamente a profe Susana comparte connosco este LIM tan divertido de animais. Clicade e a xogar.
RECIBIMOS UNHA CHEA DE MAILS
12 ene 2012 3 comentarios
in NOVAS
Antes do Nadal adicamos un día a comentar unha chea de mails que recibiron eses días os exploradores. Nesta ocasión os afortunados forfixeron unaon: Aitana, Carla e Lois. Entre os tres fixeron unha magnífica exposición, motivaron aos espectadores coas súas fotografías, que rapidamente engancharon aos seus compis e lles fixeron miles de preguntas.
Deixámosvos dividida a sesión en tres divertidos vídeos porque foi imposible resumir todas as cousiñas que dixeron nun so.
A primeira foi: Aitana
Despois tocóulle a Carla
E para o final deixamos o mail de Lois
OS NEN@S DO COLE SAÍRON A PEDIR OS AGUINALDOS
11 ene 2012 Dejar un comentario
in ASPECTOS MUSICALES, CELEBRACIÓNS, NADAL
A última semana antes das vacacións de Nadal, xunto coa profe Isabel, moitos dos nen@s do cole saíron pedir o aguinaldo polas clases da escola. Aínda que o Nadal xa rematou queremos deixarvos uns pequenos retazos deses cantos tan bonitos. Noraboa a todos eses grandes cantareir@s!!!
GABRIEL PÚXOLLE SIMONA Á COCA DE REDONDELA
10 ene 2012 2 comentarios
in CONCURSO, CREATIVIDADE, FAMILIA EN EL AULA, NOVAS, PREMIOS
O noso Cocorico Gabriel gañou o concurso para poñerlle nome á Coca, a súa idea foi escollida de entre máis de 450 propostas. Os Cocoricos estamos moi content@s e orgull@s do noso compañeiro. Moitas felicidades para Gabriel e tamén para a súa familia, que nos enviou os seguintes enlaces para que os poidamos ver. ¡Unha aperta!
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2011/12/24/0003_201112V24C9991.htm
http://www.farodevigo.es/comarcas/2011/12/24/coca-simona-dragon-amigo-ninos/608752.html
http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=2057
http://www.empresasredondela.com/nova.asp?id=832
A RECEITA DOS NEGRITOS PARA OS NEN@S DE AGRUPACIÓNS
10 ene 2012 4 comentarios
in AGRUPACIÓNS ESCOLARES, AMIGOS, ASEMBLEA, COÑECEMENTO DO MEDIO, NOVAS, RECURSOS
Os Cocoricos preparamos unha receita para os nenos e nenas de Agrupacións. É unha receita sinxela, rápida e deliciosa, que esperamos que fagades nas vosas casiñas. Pero antes queremos contarvos o proceso de elaboración.
Esta receita foi elexida entre todas as recibidas polas familias dos nos@s pequen@s. A súa escolla foi resultado de grandes deliberacións, unha receita moi enxebre e orixinaria de Redondela, Os Negritos.
Entre todos coñecemos os ingredientes, identificamos as cantidades, vimos o proceso de elaboración e coloreamos as letras do seu nome.
¡Deixámosvos unha mostra do traballo!
CUMPLES DE DECEMBRO
10 ene 2012 1 comentario
in AMIGOS, ANIVERSARIOS, COCIÑANDO, MEDRANDO NO COLE
No derradeiro mes do ano 2011 festexamos os cumpleaños dos Cocoricos Gabriel e Roi, xa teñen 3 aniños! Decembro é un mes moi especial, pois nel recibimos o Nadal, así que nos cumples non podía faltar algo tan apropiado para estas datas como as panxoliñas, o turrón ou as galletas de chocolate.
Moitas felicidades para todos os cumpleañeiros e un bico moi grande para Gabriel e Roi.




















AQUI ABAIXO TES A CAIXA
ESCOLLE OS DOCUMENTOS QUE QUEIRAS
E DALLE A DOWNLOAD PARA BAIXALOS
AO TEU ORDENADOR